O Concello de Verín aborda estes días a III Fase do seu Plan de Humanización da vila, cunha ducia de actuacións en rúas, beirarrúas, viais peonis do casco histórico e estradas nacionais co obxectivo único de recuperar e modernizar os espazos da vila para os veciños, dinamizar a economía local e revitalizar a actividade nos espazos comúns desta localidade, a segunda máis importante da provincia.
A terceira Fase do Plan de Rehumanización de Verín desenvólvese estes días co inicio das obras de acondicionamento, reordenación de aparcamento e asfaltado da estrada de Laza -importante viario que da acceso ao Hospital de Verín, un dos máis transitados da vila- que se desenvovelverá en colaboración coa Xunta de Galicia e que terá importantes implicacións na mobilidade do tránsito peonil e rodado en Verín.
En primeiro lugar, suporá a creación do primeiro carril bici urbano de máis dun quilómetro da provincia de Ourense, que permitirá reducir o tráfico automobilístico no tecido urbano, e ademais fomentar os hábitos saudables. Así mesmo, esta actuación, conta cun orzamento total de máis de 300.000 euros.
Supresión dos aparcamentos en batería
Devandito proxecto contempla a supresión dos aparcamentos en batería, que foron sinalados nun informe como os principais desencadeantes da siniestralidade viaria; ao saír á vía os turismos marcha atrás, invadindo a zona de tránsito sen a debida visibilidade. Tamén se creará un bulevar para o tránsito peonil e se ampliarán as beirarrúas, separadas dos carrís do tránsito rodado.
Tamén, dentro da III Fase do Plan de Rehumanización do Concello de Verín, continúan as obras de acondicionamento da rúa Otero Pedrayo, viario que comunica a Alameda coa Estrada de Vilela, e que acomete obras de ensanche e asfaltado, das que carecía. Igualmente, estase rematando coa plantación de árbores nas rúas Avenida de Portugal e Espido -que deron continuidade a plantación das rúas Deputación, Irmáns Moreno e Canella Cega, levadas a cabo dentro da I Fase do Plan de Rehumanización de Verín- e o seu acondicionamento como espazo peonil.
Retirada cartelóns N-525
Así mesmo, e logo de trasladar a pleno a petición unánime da súa retirada- o Concello e Fomento procederán á retirada dos carteis pórtico que sinalizaban a N-525 ó seu paso polo casco urbano de Verín, na Avda Luis Espada, e que hoxe son un obstáculo visual sen utilidade, polo seu desvío maioritario pola autoestrada
Finalmente, a III Fase do Plan de Rehumanización supuxo a retirada dos obstáculos para o tránsito peonil do casco vello, especialmente das rúas Cruz e Mercé, que provocaban abundantes queixas entre os veciños. Esta actuación se verá complementada no futuro coa dotación e delimitación de todo o Casco como «zona 30».
Os plans de rehumanización de Verín levan xa así cumpridas ou en execución un total de tres fases: na primeira procedeuse á replantación de árbores como tiña a vila no século pasado, nas rúas Deputación, Irmáns Moreno e Canella Cega, na segunda a retirar inmobles ruinosos de seis emprazamentos de Verín, e nesta terceira coas referidas actuacións en curso, máis a creación da nova rúa entre a Canella Cega e Juan Guerra Valdés.
No futuro, novas fases completarán a creación de aparcamentos disuasorios, con mil prazas para turismos, e a dotación de novos parques que sirvan de pulmón verde ao casco vello verinés.