Os ourensáns desprázanse a terras vascas para enfrontarse contra o Gaztedi RT. A premisa é lograr un resultado positivo que lles permita chegar con garantía ao partido de volta (que se disputará en Ourense o vindeiro domingo 29 de maio).
Para o Campus o obxectivo non é outro que o de acadar o ascenso a categoría de prata do rugbi nacional. Para elo estanse preparando desde que rematara a Liga. Un obxectivo ao que aspiran tanto o seu rival como os outros dous equipos que están inmersos na loita polo ascenso.
De pasar esta eliminatoria aínda quedaría unha última. Catro partidos para lograr o ascenso.