De venres a domingo, Expourense acolle preto de 400 coches de 24 marcas distintas con ofertas sen igual.

Chega o I Car Outlet Ourense

Grandes descontos e prezos especiais para animar aos visitantes e a maior oferta en coches de ocasión de Galicia. Esto é o que nos ofrece dende este venres e ata o vindeiro domingo o 1º Car Outlet Ourense que organizan Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., que ademáis conta coa colaboración de Abanca.

 O I Car Outlet Orense foi inaugurado este venres polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, que destacou que “esta cita é unha aposta por un dos sectores máis dinámicos e máis relevantes para o PIB da provincia, ademáis de supoñer a ocasión perfecta para mercar un coche destas características cunhas condicións óptimas”. O alcalde estivo acompañado nesta ocasión polo presidente da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada, que remarcou a habilidade de Expourense para dinamizar o tecido empresarial da cidade e da provincia a través da organización deste tipo de eventos. Pola súa banda, o presidente de A.C.A.U.T.O., Ramón Seijas, e Enrique Romero en representación de Abanca, animaron a todos os galegos a achegarse durante esta fin de semana ata Ourense.

Un total de 24 marcas están representadas a través dos 18 concesionarios acollidos a A.C.A.U.T.O. que participan como expositores nesta cita vencellada a un dos sectores comerciais de maior peso na nosa contorna, o da automoción, no que se reunirán preto de 400 coches con ofertas moi especiais de todas as gamas e modelos adaptados para cada necesidade.

Na Fan Page oficial do evento https://www.facebook.com/CarOutletOurense os visitantes teñen dispoñible todas as fichas técnicas de cada vehículo exposto no salón. A través desta ferramenta se pretende aportar unha maior información e capacidade de análise ao potencial comprador sobre as distintas ofertas que se atopan no recinto feiral.

A oferta presentada neste salón será ampla podendo atoparse vehículos kilómetro cero, seminovos, de xerencia e segunda man, de entre 1 e 6 anos, e prezos a partir de 3.500 euros, aínda que o “vehículo tipo” nesta cita é un coche que ronda os 13.000 euros e que conta con ata cinco anos de antigüidade e máis de 12.000 kilómetros.

O horario de apertura do salón será en horario continuado o sábado de 10 a 20.30, e o domingo, de 11 a 20 horas.

Como en todas as feiras que organiza Expourense, aqueles que se acheguen en tren ata Ourense nos días de celebración deste salón poderán beneficiarse dun 35% de desconto.