Tralo éxito da primeira proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” no Vinteún, este mes de maio tócalle o protagonismo ao barrio do Couto.
Concretamente será este sábado 21 de maio cando teña lugar esta proba. De todo o circuíto, a do Couto é a única que ten carácter nocturno e se celebra en sábado en lugar dun domingo.
Ás 22 horas dará comezo a competición para os pitufos. Despois seguirá, como sempre, a de benxamíns e alevíns; infantís e cadetes; xuvenís e a velada rematará coa carreira absoluta en torno ás 22:30 horas cando ten previsto a súa saída. A saída e meta da proba estarán situadas na rúa Dalí.
Diz e Teijeiro
Os atletas Rubén Díz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) e Sonia Teijeiro (Atletas Veteranos Ourense) son os primeiros líderes do circuíto. Os dous venceron no Vinteún e agora deberán manter a súa condición de favoritos diante dos seus rivais.