O Concello de Barbadás contratará dous auxiliares de Policía Local para reforzar a plantilla na tempada de verán. O prazo para inscribirse a esta oposición remata o 30 de maio.
Os requisitos para tomar parte na oposición son ser español ou nacional dun estado membro da UE, ter máis de 18 anos, ter a ESO, graduado escolar ou equivalente o non padecer enfermidade nin eiva física ou psíquica, así como ter unha estatura mínima de 1,65 para os homes e 1,60 para as mulleres.
Outro dos requisitos é non ter sido condeado por delito doloso nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas nin separad@s do servizo das administracións públicas.
Tampouco se pode estar incurso en causa de incapacidade nin inhabilitado nin suspendido para o exercicio de funcións públicas.
O tribunal que seleccione os dous auxilaires estará formado pola secretaria da corporación de Barbadás; como vocais, catro funcionarios de carreira, dos que alomenos dous deberán ser funcionarios de Policía Local, e como presidente un funcionario de carreira do Concello de Barbadás. A selección dos aspirantes efectuarase polo sistema de oposición libre.
Un dos exercicios da oposición, que será obrigatorio e eliminatorio, consistirá en realizar as probas físicas. O segundo exercicio consistirá na avaliación dos coñecementos d@s aspirantes sobre o temario incluido nas bases. Trátase dun cuestionario de 50 preguntas tipo test. O terceiro exercicio consistirá nunha proba específica sobre o coñecemento do termo municipal e a toponimia local. Finalmente o cuarto exercicio centrarase no coñecemento da lingua galega. Esta proba pode substituirse coa presentación do CELGA 3 ou superior.
As bases completas pódense consultar na páxina web do Concello de Barbadás: www.barbadas.es.