O director xeral do IMSERSO, César Antón Beltrán, inaugurou este mércores a feira.

Galicia, pioneira en envellecemento activo

Promover un envellecemento activo e saudable, fomentar a autonomía personal, previr situacións de fraxilidade,  retrasar a dependencia e poñer en valor o papel que xogan na sociedade os nosos maiores. Con estes obxectivos abriu este mércores as súas portas a décima edición de Galisenior.

A inauguración de Galisenior contou coa presenza do director xeral do IMSERSO, César Antón Beltrán, que durante a súa intervención destacou que “un dos aspectos máis importantes do envellecemento é a participación e a involucración dos nosos maiores en todos os ámbitos da nosa sociedade, xa qué é unha conquista de toda a sociedade española ter aumentado tan notablemente a esperanza de vida”. Tamén remarcou a necesidade de que todas as administracións se adapten aos cambios poboacionais facilitando así o fomento de novas redes de protección para as familias con persoas dependentes.

Neste acto estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira,quen asegurou que os maiores galegos son “peza esencial” para a Xunta de Galicia e comprometeu o traballo do Goberno autonómico para favorecer o envellecemento activo. “Estamos a traballar para outorgar os nosos maiores as ferramentas necesarias para para acadar un envellecemento activo, autónomo e saudable”, asegurou.

De carácter bienal, Galisenior é a única feira destas características que se celebra no noroeste peninsular e que está especialmente dirixida a un núcleo de poboación que representa o 31% no caso da provincia de Ourense. Este salón sirve de plataforma para promover as accións que se están a levar a cabo en Galicia, destinadas a reducir o impacto da dependencia na calidade de vida, tanto de quen a padece como do que exerce de coidador.

Contido das xornadas técnicas

A primeira sesión das xornadas técnicas debatiu sobre a prevención de situacións de fraxilidade, panel no que interviñeron o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, a Federación de Alzheimer de Galicia e a Cruz Vermella de Ourense. Tamén se falou da promoción da autonomía baseada nas novas tecnoloxías e tamén se impartiron consellos nutricionais para axudar a previr a diabetes e estaba previsto que se presentaran  diversos programas das universidades destinados a terceira idade e estudos como resultado da investigación en distintos campus de Galicia e Norte de Portugal.

Actividades

Entre os grupos participantes achegáronse ata Expourense a Confederación de Organizacións de Maiores de Galicia, COGAMA, así coma a Asociación de Maiores de Telefónica, e os usuarios de centros sociocomunitarios da Xunta de Galicia procedentes de Ribadavia, Xinzo de Limia, Maceda, O Carballiño ou Verín. Entre as actividades que pudieron realizar estiveron un obradoiro de risoterapia, ou unha masterclass de ximnasia e baile. Os visitantes tamén participaron en exhibicións de cociña, obradoiros de estimulación cognitiva e habilidades sociais e masaxes relaxantes.

Este xoves 26 continuará a feira de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 19.00 h. Tanto a entrada á feira como a participación nas actividades son gratuitas.