O Concello de Verín finaliza o acondicionamento de dous parques infantís decorados con arte urbana e poesía, situados en dous canellóns da rúa Cancelón. Esta iniciativa, que se enmarca dentro do plan de rehumanización de Verín, nace coa finalidade de recuperar espazos estériles da vila e reconvertilos en lugares lúdicos e de lecer.
“O que buscamos con esta iniciativa”, explicou Lourenzo, “é facer unha cidade a imaxe dos veciños recuperando espazos que pensabamos que xa non tiñan ningunha utilidade para nós, como son estes dous canellóns da rúa Cancelón”. Devandita iniciativa terá continuidade en otras zonas da vila.
Para a posta en marcha destes espazos, o Goberno Local investiu un total de 9.115 euros na construción dos dous parques e na dotación do seu mobiliario e 2.783 euros nas execucións dos tres murais de arte urbana e da parede decorada coa frase da iniciativa Acción poética.
No referente á arte urbana, os muros foron decorados polo artista plástico urbán ourensán Mon Devane. Por outra parte, un dos parques decorouse, nun dos seus muros, coa frase “O imposible só existe na túa mente”. Esta frase poética forma parte da iniciativa, a nivel mundial, “Acción Poética”. “Estes son espazos nos que antes non había nada, e que agora se mostran cheos de vida e ofrecen unha mensaxe chea de positivismo e humanidade”, aclarou o tenente de alcalde verinés.
Diego Lourenzo quixo destacar que esta é unha acción modesta que pero que “é un bo exemplo do que queremos facer en Verin, desterrar a falta de ornato e encamiñar a nosa cidade cara ou século XXI».