Álex Ocampo é o segundo reforzo da UD Ourense para o vindeira tempada. Central que chega do Barbadás militou tamén esta campaña, a principios dela, no Arenteiro.
Xogou tamén no filial do Club Deportivo Ourense onde acadou a Copa Deputación, para o ano pasado lograla novamente co Arenteiro.
Ocampo mostrabase feliz pola súa fichaxe pola Unión e agarda que o equipo «volva á categoría que se merece» e finalizaba dicindo que volvía «a miña casa», en clara alusión ao paralelismo da UD Ourense co extinto CD Ourense.
Cea
Este domingo, último chanzo antes de xogar a final da Copa Deputación B. A partir das 18 horas o estadio do Couto acollerá o partido de volta entre a UDO e o Cea. O partido de ida saldouse cun 0-3 que da unha boa vantaxe aos franxivermellos.
De pasar á final sería a primeira vez que a xogaría e posiblemente a última, xa que o salto de categoría suporía que disputaría o vindeiro curso a Copa A.