Tamén terán que comparecer en calidade de testemuñas o asesor xurídico da Deputación e o representante dun hotel de Ourense.

Citan a declarar como investigado a José Luis Baltar na denuncia contra o seu fillo

O Xulgado de Instrucción nº 3 de Ourense vén de citar a declarar a tres novas persoas no marco da investigación tras unha denuncia presentada contra o presidente da Deputación, Manuel Baltar. A xuíza citou en calidade de investigado polos presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias a José Luis Baltar, pai do presidente. Comparecerá o 8 de xuño nos xulgados de Ourense. Un día antes, están citados en calidade de testemuñas o asesor xurídico da Administración provincial  no momento dos feitos que se investigan e o representante dun hotel da cidade.

Nunha providencia notificada este martes, a titular do Xulgado de Instrucción nº 3 dá traslado tamén á Fiscalía para que se pronuncie sobre a declaración de causa complexa.

Reaccións

A candidata do BNG ao Congreso por Ourense, cre que é “urxente” que o PP ofreza “unha resposta política” ao caso Baltar. “Por respecto a Ourense, Manuel Baltar debería ser apartado da Deputación”, afirma Noa Presas.