A Concellería de Educación presentou as Actividades de Verán 2016 para Escolares nos meses de xullo e de agosto. “A maior novidade deste ano é que ampliamos o horario nos centros escolares unha hora para conciliar as obrigas familiares co lecer dos pequenos”, dixo Belén Iglesias, concelleira de Educación, durante a rolda de prensa.
O prazo para anotarse estará aberto do 1 ao 15 de xuño a través da Concellería de Educación (praza de San Martiño 2, 1º andar ou no teléfono 988.388.136).
- · Centros escolares, de 8:30 a 14:30 horas. No mes de xullo. Cota de inscrición, 10 €. Dirixido a alumnado de Educación Primaria (6/12 anos). No CEIP Amadeo Barroso -novidade desta edición-, CEIP O Couto, CEIP Mestre Vide e CEIP Prácticas.
- Aula da Natureza do Río Miño, de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas. Meses de xullo e agosto. Dirixido a alumnado de Educación Primaria (6/12 anos).
- Bibliotecas Municipais, de 10:30 a 13:00 horas. Meses de xullo e agosto. Idades de 4 a 10 anos. Na BPM A Carballeira, BPM San Francisco e BPM A Ponte.