O grupo municipal do PSOE votará en contra do 1.500.000 de euros de axuda ao COB no pleno deste venres 3 de xuño.

Horizonte negro para o salto do COB a ACB

O portavoz socialista,  José Ángel Vázquez Barquero, mantivo que o Concello de Ourense debe achegar a cantidade correspondente á súa parte do accionariado, que ronda o 22%.

Como xa dixera en rolda de prensa a pasada semana, considera que o Concello non pode asumir o 50% do diñeiro para poder aterrar na ACB cando tan só teñen pouco máis do 20% das accións.

COB
A directiva do club explicou a situación actual despois da negativa dos socialistas a votar en contra. As pautas seguidas desde o ano pasado ata chegar á situación actual. Unha situación na que Abanca non entregou o acordo do novo crédito ata o 29 de abril -desde o club o esperaban no mes de marzo-. Unha vez que tiveron os máximos accionistas no seu poder o acordo foi cando o interventor do Concello dixo que era imposible acollerse a el por ilegal. Entón buscaron novas alternativas ata chegar á xa sabida: subvención nominativa de 1.500.000 de euros. O Partido Popular votaría a favor e Democracia Ourensana en contra.

Faltaba saber o que dirían PSOE e Ourense en Común. Os socialistas, o escrito arriba, e esta tarde a asamblea de OueC decidirá o seu voto.

Se no pleno deste venres botan atrás a axuda, a directiva terá 12 días para buscar outra solución para que o COB poda xogar na Liga Endesa a vindeira tempada.

Moitas incógnitas a un problema que está sobre a mesa desde o ano pasado e que ninguén soupo arranxar.