Celébrase até o domingo 5 e está dirixido a público de todas as idades (desde os 4 anos).

A experiencia de pilotar un kart de carreiras en Ourense chega da man do XiraKarting, que chega á súa décima edición co Circuíto Barbaña, e permanecerá ate as 21:30 horas do domingo 5 de xuño e no que colabora a Concellería de Deportes do Concello de Ourense. Un evento dirixido por primeira vez a público de todas as idades a partir dos catro anos e que ofrece, ademais, a posibilidade de optar á ‘Bolsa Piloto XiraKarting’ para o mellor posicionado nas probas de clasificación da Rockies Cup, unha competición dirixida a nenos e nenas de 4 a 7 años que persegue achegar esta modalidade aos máis pequenos e xerar canteira de pilotos en Galicia.

Raquel González, directora de RGM Eventos, destaca o valor XiraKarting para «dinamizar e potenciar o mundo do motor achegándoo a toda a familia». Un ano máis, cóntase coa colaboración da Xunta de Galicia – Fundación Deporte Galego e a aposta de empresas privadas como Gadis, patrocinador principal da actividade desde o seu inicio.

A edición deste ano presta especial atención ao futuro do automobilismo:  Ademais da Rockies Cup, haberá clases de pilotaxe impartidas por pilotos profesionais de renome en Galicia: Segio Vallejo, Fátima Ameneiro, Edgar Vigo ou Álvaro Muñiz. Os adestramentos requiren inscrición previa.

Novidade

Como novidade, este ano se inclúense dous karts infantís para nenos e nenas de 4 a 7 anos. Para eles serán 3 karts bipraza motor 200 cc (Honda) de 6.5 cabalos.Os menores a partir de 7 anos ou inferiores a 135 cm de estatura dispoñen de 7 karts junior con motor Honda de 120 cc. Os maiores de  12 anos terán 14 karts con motor 200 cc.(Honda) de 6.5 cabalos

Para aqueles que prefiran outras alternativas de lecer, haberá zona de dinamización con hinchables e, xunto ao circuíto, instalaranse postos de comida con chefs profesionais.

O circuito permanecerá aberto de 12 a 14 horas e de 16:30 a 21:30. A entrada de adulto ten un prezo de 10 euros, e a dos os menores de 7.