Este torneo é proba puntuable do Circuíto Galego 2016, que se estará disputando dende Maio ata Novembro por toda a xeografía galega, composto por varias probas puntuables disputadas ao longo de nosa xeografía.
Organizado polo Club Xadrez Ourense e coa colaboración de Expourense, a primeira edición de este torneo contará con 250 participantes, que serán xóvenes de entre 5 e 18 anos, escolares e federados procedentes de toda Galicia, e norte de Portugal.
O evento contará preto de 50 xóvenes deportistas con ránking internacional feito que, unido á calidade dos premios e a cantidade dos deportistas reunidos convirte a esta cita ourensá nunha das tres máis relevantes citas do panorama Nacional para xóvenes.
Unha mostra da calidade dos participantes son por exemplo, a participación do catro veces campeón galego, Martín Gómez Carreño, que ven de participar no mundial de Grecia recentemente, ou de Adrián Gómez Diéguez, que con tan só 17 anos xa milita no Club Xadrez Ourense “A” da División de Honra, equipo co que acaba de proclamarse campeón de Liga.
Poderán participar neste festival os xogadores nacidos dende o 1998 en adiante. O torneo comezará o sábado 4 de xuño ás 11.00 da mañá co recibimento aos participantes e coa indicación das directrices técnicas por parte da dirección técnica. A competición xogarase polo Sistema Suizo a 7 roldas.
Obterán trofeos especiais os cinco primeiros clasificados de cada categoría. Todos os participantes recibirán un trofeo conmemorativo da súa participación neste festival. A organización ten preparados numerosos sorteos e premios sorpresa entre os participantes.