O principio de Arquímedes, obra da compañía de Teatro do Atlántico que arrasou na entrega dos premios de teatro María Casares 2016, representarase no Auditorio Municipal o vindeiro sábado 11 de xuño, ás 21 horas.
Os verineses Alberto Rolán e Toni Salgado xunto con María Barcala e Marcos Vieitez son o elenco encargado de dar vida a este espectáculo. A obra foi a gran premiada nos premios María Casares, recibindo os galardóns á Mellor Espectáculo, Mellor Dirección (Xúlio Lago), Mellor Actor Protagonista (Toni Salgado), Mellor Actor Secundario (Alberto Rolán) e Mellor Tradución (Alfonso Becerra).
‘O principio de Arquímedes’ fai unha reflexión sobre o vínculo que a sociedade crea entre o medo e a seguridade. Explica a dura historia dun profesor de natación infantil sobre o que recaen unhas graves acusacións. O trato cariñoso cara a un dos seus alumnos para tentar tranquilizarlle antes de entrar á auga, leva aos pais para sospeitar sobre as intencións do adestrador para cos seus fillos. A sombra dos abusos converterase nun problema para o profesor.
Reserva de entradas
A entrada ao espectáculo será gratuíta, previa reserva anticipada na taquilla do auditorio municipal, ata completar o aforo. Poderán retirarse dous entradas por persona previa identificación co documento nacional de identidade.