Este luns 6 de xuño, dentro dos Luns de Filmoteca, o Cineclube Padre Feijoo ofrece a proxección (ás 20:30 e ás 23 horas na biblioteca pública de Ourense) de “O futebol”, do director de orixe brasileiro afincado en España Sergio Oksman. Partindo do real, construira unha historia cas lembranzas dun pasado de 20 anos ca actualidade do Mundial de futbol de Sao Paulo 2014 incluindo no filme o seu propio pai do director.
O prezo da entrada será de 2 euros para os socios da biblioteca e de 2,50 euros para os que non o son.
“A lei do mercado”
Xa o mércores 8 de xuño (ás 18, 20:30 e 22 horas na biblioteca pública) será o turno de “A lei do mercado”, cine social francés sobre os conflictos éticos dun maduro desempregado de longa duración, cando ten que conservar o seu último contrato. Este filme logrou o premio ao Mellor Actor no Festival de Cannes 2015 para Vincent Lindon.
A entrada terá un custo de 4 euros para os socios da biblioteca e 5 euros para os que non o son.