Unha experiencia piloto para o repintado dos pasos de peóns da Valenzá permite levar a cabo estas tarefas sen que apenas teña repercusión sobre o tráfico rodado nin sobre a actividade cotiá do núcleo máis poboado de Barbadás.
Operarios municipais pintaron xa catro pasos de peóns na avenida de Celanova, en horario nocturno, para efectivizar a execución dos traballos. Pintouse xa dende a confluencia da rúa Cotelma coa avenida de Celanova ata a intersección coa rúa Porto do Río, un dos viais por onde se accede ao recinto da festa de San Bernabé, que se celebrará entre o xoves e o domingo.
Os próximos pasos a repintar abranguen dende a confluencia da avenida coa Valenzá vella ata a glorieta da Familia.
A elevada densidade de tráfico na Valenzá provoca que este tipo de labores de repintado provoquen inconvintes a viandandes e condutores. Deste xeito o impacto sobre o tráfico é mínimo, tendo en conta que a densidade da circulación no horario nocturno diminúe aproximadamente un 85%.
Ademais de evitar a mínima incidencia sobre o tráfico, esta experiencia evita a presencia de operativos policiais e de protección civil no lugar.