O centro Nenoos de Ourense sorpréndenos con dúas ofertas de ocio intelixente para este verán 2016: talleres matutinos para nenos de entre 3 e 12 anos nas súas instalacións e outro para nenos de 7 a 13 anos na localidade de Riós.
Os talleres para nenos de entre 3 e 12 anos, xirarán ao redor da temática do Universo e a ciencia, con talleres de manualidades, experimentos orixinais, actividades para mellorar o aprendizaxe, ximnasia, coreografías e xogos de construcción con Super Lupo e Lupo Plot, que potencian a conciencia espacial e a lóxica dos nenos. A actividade comeza o 27 de xuño e remata o 7 de setembro, podendo contratalo por unha, dúas ou máis semanas.
En canto ao campamento en Riós, será no albergue desa vila ao longo de cinco días, e vai dirixido a rapaces de 7 a 13 anos. Cada día terá unha temática: coñece a contorna, artística, científica, intercultural e culinaria-festiva. Todo elo mesturado con talleres, coreografías, xogos, manualidades, veladas nocturnas en plena natureza. Uns nutricionistas encargaranse dos menús diarios atendendo a posibles alerxias. As datas son do 6 ao 10 de xullo.
+ info: no 988 782 178 e 687 285 913 ou na r/Pura e Dora Vázquez, 23, baixo, Ourense.