Toda a carreira transcorre pola macizo central ourensán, sendo unha proba dunha importante esixencia física. “Chandrexa Trail” atópase dentro do calendario da Federación Galega de Montañismo, e presenta tres probas distintas: un trail de 33 quilómetros (puntuable para a Copa Galega), un mini-trail de 20 quilómetros e unha andaina de 20 quilómetros.
Xa hai máis de 200 inscritos de toda Galicia e tamén de Valencia, Madrid e Andalucía, pero é posible que ao longo destes días se alcancen os 300 como na edición pasada.
Os interesados en participar poderán facelo a través das web www.chandrexatrail.com ou en www.championchipnorte.com, e presencialmente en “Agromacen”, en Trives, ou en “Runmaniak”, en Ourense, estando aberto o prazo ata o 16 de xuño.