Na reunión celebrada na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda deron conta do percorrido da carreira e de temas referidos á seguridade, promoción e coordinación, así como dos itinenarios polos que discorrerán ás 2.500 persoas que integran a caravana da “Vuelta”.
O director xeral de Unipublic e da «Vuelta a España», Javier Guillén, reuníuse na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda con alcaldes ourensáns por cuxos municipios discorrerán as etapas da «Vuelta a España» 2016 e co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, para dar conta dos datos relativos ao percorrido, seguridade, organización e retorno económico.
Previamente á reunión celebrouse unha ruta cicloturista entre Pobra de Trives e Manzaneda, coa participación do exciclista profesional Óscar Pereiro.
Os puntos de saída ou chegada nos concellos ourensáns son os de Cenlle, Arnoia, Nogueira de Ramuín, Castrelo de Miño, Maceda e a capital ourensá, e como pasos intermedios os concellos de Allariz, Cortegada, Leiro, Ribadavia, Parada de Sil, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Xinzo de Limia, Trasmiras, Verín, A Gudiña e A Mezquita.