José Ángel Vázquez Barquero foi o segundo convidado aos Almorzos On/Off que o Colexio de Xornalistas de Galicia está celebrando cos voceiros do Concello de Ourense para avaliar o primeiro ano de mandato.
O socialista dixo do Goberno municipal popular –como xa o fixera en ocasións anteriores – que está instalado no “triunfalismo miope, na autocomplacencia, no márketing político, no turismo institucional, e despois de escoitar onte ao alcalde, naa frivalidade”. E en particular, a Jesús Vázquez cualificouno como un alcalde “sen proxecto de cidade”, “sen liderado político”, “con déficit democrático” e que se apropia “sistemáticamente” dos proxectos do goberno anterior.
A moción de censura non está na axenda
Malia pintar un panorama de “parálise” tanto nos proxectos extratéxicos da cidade coma na xestión municipal, con exemplos como a Praza de Abastos da Ponte, os orzamentos, o POXM, a ordenanza de veladores ou a estación intermodal, a moción de censura “en estos momentos no está en la agenda del Partido Socialista”, afirmou. Puidera ser que o resultado das eleccións autonómicas en outono propiciara un cambio de postura, pero, subliñou Barquero, “no me dedico a la política ficción, ya veremos”.
O socialista recoñeceu que nas pasadas municipais os votantes “nos mandaron al banquillo” e cre que agora teñen que realizar un traballo de “recuperación del diálogo con la ciudadanía”. Barquero dixo que o PSOE está a facer unha oposición “leal” con propostas “que axudan ao bo goberno da cidade” en todos os plenos. Recordou que ten ofrecido a Vázquez Abad a súa colaboración para os proxectos extratéxicos, pero que ten que ser o popular o que goberne. E puxo un exemplo, os colectore soterrados: “han estado un año sin hacer nada, quien gobierna es el PP, quien tiene que poner las medidas es el PP”.
En canto á afirmación do rexedor de que Ourense voltou á normalidade co Goberno popular, Vázquez Barquero defendeu que se a hai “é en gran medida pola oposición”. E afirmou que Jesús Vázquez “miente” cando afirma que non hai recursos nas arcas municipais; o remanente de tesouraría ascende a 40 millóns e os orzamentos prorrogados superan os 90, lembroulle.
“Cambiazo” no PXOM
Asemade, o político socialista referiuse ao PXOM acusando ao PP de pretender dar “un cambiazo”. Xustificouno en que a “peza angular” do planeamento urbanístico é a estación intermodal, “e a día de hoxe non temos proxecto”, en que “nada fala o Goberno da liberación do corredor do tren”, en que “tamén cae o plan de mobilidade unha vez que acepta un convenio coa Xunta que o altera” e “nas 11 novas liñas estratéxicas” introducidas polo concelleiro de Urbanismo.