A tradicional proba para federados dará comezo ás 17:30 horas e percorrerán 17 quilómetros nun traxecto que os levará desde Os Peares ata o encoro de Velle. Máis de 400 palistas de 40 clubs de Galicia, Asturias, León e Portugal descenderán en piragua as augas do río Miño nesta edición.
A data límite para anotarse nas categorías non profesionais é o día 15.
Proba popular
Nesta edición número 48 do descenso haberá, por vez primeira, descenso popular e xornadas de iniciación para cativos de 10 a 17 anos.
Os cativos de 10 a 17 anos poderán anotarse nunha das tres quendas de 45 minutos (11 – 11:45 e 12:30 h), dirixidas por un técnico da Federación de Piragüismo, na web fegapi.org.
Nese mesmo espazo web poderán tamén apuntarse os adultos que queiran anotarse no descenso popular de 7,5 quilómetros desde Barra de Miño. O prazo de inscrición en ambos casos remata o vindeiro 15 de xuño. O prezo para os cativos é de tres euros e de 7 euros máis 5 en alugues de piragua para os adultos.