A CIG denuncia que as instalación da base do GES (grupo de emerxencia supramunicipal) de Castro Caldelas está nun «estado lamentable», chegando incluso -din- «a poder calificarse de insalubres». » Pódese comprobar perfectamente dende o exterior o grado de deterioro, chegando a ter cristais rotos, e tapados con cartóns, deterioro que é máis evidente, se cabe, no interior da base», sinalan nun comunciado.
Desde o sindicato indican que en varias ocasións puxéronse en contacto co Concello de Castro Caldelas, «nun intento de solucionar este problema, entre outros varios que acontecen no servizo, intentos que nunca chegaron a dar frutos».
O GES de Castro Caldelas foi creado en agosto de 2013, co compromiso de que o Concello achegara unhas instalacións axeitadas para a prestación do servizo.
Xa en abril de 2015 a CIG denunciara ante a Dirección Xeral da Ispección de Traballo a situación da base dos GES de Castro Caldelas, «denuncia contestada o día 15 de xuño de 2015, fai exactamente un ano, onde se insta ao concello de Castro Caldelas a adecuar a base e cumprir coa lei de prevención de riscos, a día de hoxe non está nada feito».
Dende a CIG instan á Administración locall «á adecuación inmediata da base dos GES e a arranxar todas as disfuncións que existen no servizo, dignificando o traballo dos profesionais que velan as 24 horas do día pola seguridade cidadá dos veciños do concello».