Ante as dúbidas surxidas entre os veciños, a comisión de festas recentemente constituída vén de presentarse en público e confirmar que haberá festexos.

A Comisión de Festas da Ponte 2016 decidiu presentarse ante os cidadáns do barrio, “tras as dúbidas surxidas de se habería ou non festas este ano como ven acontecendo todos os anos, para confirmar que este ano haberá festas a pesares de todas as dificultades”, explicaron nun comunicado.

O presidente da Comisión, Sindo Alonso, será o encargado xunto co resto da comisión de organizar as festas do barrio deste ano, para o cal empezarase a solicitar aportacións aos veciños “para que cada persoa poña o seu gran de area”. Para elo, a xente que solicite ditas aportacións irán debidamente identificadas, de todos os xeitos “pregamos a todos os veciños que verifiquen sempre a identidade daquelas persoas que lle soliciten colaboración, para maior seguridade”, aclaran.

A comisión está formada por veciños do barrio, e está totalmente aberta a calquera idea, suxerencia, colaboración ou aportación, as cales poderán ser transmitidas a través da súa páxina de Facebook «Comision de Festas da Ponte 2016» (facebook.com/FestasDaPonte), na que irán anunciando o programa e as actividades planificadas.

Ademais, quixeron agradecer a colaboración do Centro Comercial Aberto Ourense Norte, “que nos axudou a presentar os escritos necesarios no Concello de Ourense, e á propia Concellería de Cultura pola disposición de colaboración mostrada en todo momento”.