Este 16 de xuño a mostra ”Arte Infantil” foi inaugurada pola concelleira de Cultura, Emilia Somoza e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane. Previo á apertura da sala, os edís municipais, acompañados de dúas profesoras da Escola de Artes e Oficios de Verín, procederon á entrega de diplomas aos alumnos do curso 2015-2016 no Salón de Actos da Casa da Cultura. Ao acto acudiron máis dun cento de persoas.
“Arte infantil” é unha mostra de arte realizada por nenos e nenas, que nos presenta unha selección de obras, elaboradas durante o curso escolar 2015-2016 e seleccionadas polos alumnos e alumnas que as realizaron nas Aulas de Iniciación ás Artes Plásticas da Escola de Artes e Oficios de Verín, centro de formación non regrada que depende do Concello de Verín.
A Sala de Exposicións de Verín está aberta ao público de luns a venres, de 17:30 a 20:30 horas; e os sábados, de 10 a 14 e de17 a 20 horas.