A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou ao goberno galego de construír o novo centro de saúde de A Valenzá, en Becerreá, nun emprazamento “de imposible ou moi difícil acceso” sen incorporar medidas que garantan a chegada dos pacientes. No debate dunha pregunta oral en Comisión, sinalou que a obra se atopa “no pico do monte”.
Acuña advertiu que “camiñando non se da subido e ademais non hai onde aparcar un coche”, o que supón un serio problema para unha poboación envellecida, con problemas de desprazamento, e mesmo para embarazadas ou neonatos, xa que “atópanse con serias dificultades para chegar alá arriba co carriño”.
A deputada socialista criticou que logo de ter prometido o Centro de Saúde como “inminente” en 2009, e logo dun retraso de oito anos, a construción comece no lugar escollido polo anterior alcalde, “agora procesado”, nunha demostración de “cabezonería” e mala praxe por parte de tódalas administracións implicadas.
Explicou que o lugar escollido supuxo que unha obra que suporía un investimento de 3,4 millóns de euros tipo que sumarlle outros 800.000 procedentes da Deputación para “suxeitar a montaña e que non se desmoronara”, mentres o goberno galego aceptou o lugar escollido pero non incorporou ao proxecto “un ascensor que custaría 40.000 euros”.
Acuña desbotou a “interpretación torticeira” por parte do goberno galego, que hoxe descargou no Concello toda a responsabilidade da localización e da falla de accesos cando, preguntou, “non será a súa obriga agora poñer un funicular”.