O Concello de Verín vén de habilitar 15 espazos na vila para a fixación das esquelas que, como é tradición inmemorial no Val de Monterrei, ocupaban postes da luz e portas de edificios abandonados. O Concello fai un chamamento ao seu uso, en aras do ornato das rúas e da estética da vila.
Estes 15 taboleiros están dispostos preto dos lugares consetudinariamente utilizados para esta fin, e permitirán a fixación das necrolóxicas -a petición do sector funerario- en millor estado de conservación e lectura.
O Concello prega a todos os veciños e veciñas que as utilicen preferentemente, para unha mellor xestión dos espazos comúns.