Na noite do xoves 23 de xuño, voluntarios e amigos da Asociación Xuvenil Amencer festexarán as Cacharelas de San Xoán.

Nesta noite, coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de
Europa, especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de San Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar. É por iso, que dende Amencer queren sumarse á celebración e festexalo todos xuntos.

Xuntaranse ás 21.00h, no campo de terra, ao carón do campo de tenis e o campo de fútbol, nas instalacións do Colexio Salesiano de Ourense. Durante os días previos, voluntarios e voluntarias levan amoreando leña e madeira para facer as fogueiras, chamadas tamén cacharelas, cachadas, cachelas ou lumeiradas. No comezo da noite, préndese lume entre a expectación de todos e, nas horas seguintes, cómense sardilñas á brasa e carne asada.

Aproveitarán así a Noite de San Xoán para festexar xuntos a chegada do verán compartindo a cea e facendo unha fogueira entre todos. A actividade prolongarase ata ás 00.30h.