Editado o Ourense por Barrios do mes  de xuño

A sinatura do convenio para a estación intermodal de Ourense, en plena campaña, é a imaxe destacada da portada do número de xuño do periódico Ourense por Barrios.

No interior da publicación, facemos repaso do primeiro ano de mandato dos novos gobernos de Ourense e Barbadás, tanto desde o punto de vista dos alcaldes como dos líderes da oposición.

 

Ademais, recollemos algunhas das reivindicacións dos barrios ourensáns: na estación de autobuses, en Eiroás, nas Camelias ou na Cruz Alta.

A denuncia dunha oposición “á medida” no Concello de Ourense, o balance da lanzadeira de emprego municipal, a protesta da comunidade educativa do CIFP Portovello son outros temas que tratamos.

Asemade, incluimos un especial sobre as Festas de Ourense, avanzamos que tamén haberá festexos en xullo na Ponte, e repasamos a actualidade deportiva e as imaxes máis destacadas do mes.

Podes consultar o periódico no seguinte enlace.