Marcos Sotelo, novo xogador da UD

A UD Ourense presentou este xoves no campo do Couto a súa última fichaxe para a vindeira campaña. Trátase de Marcos Sotelo, de 30 anos, que provén do Arenteiro. É un xogador zurdo que pode xogar de lateral esquerdo e interior, e vén reforzar a plantilla do club ourensán de cara á próxima tempada, na que xogará xa en Primeira Rexional.

A de Sotelo é a segunda incorporación do plantel unionista, logo da fichaxe de Fran Martínez.

A UD Ourense da vindeira tempada sufrirá unha gran renovación nas súas filas, pois xa non continúan Héctor, Julio Álvarez, Lucas Nieto, Fran Álvarez, Julio Salgado, Valderas, Roberto Almeida e Roberto Dacosta, Tito Currás, Jorge e Brais.