O BNG de Celanova vén de recoller as queixas formuladas pola veciñanza ao ver como empregados municipais do Concello de Celanova estaban a aplicar herbicidas para o mantemento de lugares públicos tales como parques, xardíns, estradas, centros educativos e mesmo espazos naturais; herbicidas que teñen efectos tóxicos sobre a saúde e o medio ambiente, tal como demostran decenas de estudos, argumenta o portavoz municipal do BNG, Leopoldo Rodriguez Puga.
O Bloque solicitará no pleno de Celanova prohibir o uso do glifosato e produtos similares en todo tipo de lugares públicos do municipio, e substituír estes produtos por métodos mecánicos e humanos que non danan a saúde nin o medio ambiente