O Concello de Verín, co apoio da Deputación de Ourense, impulsa a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) un conxunto de iniciativas para dinamizar a mocidade. É por isto que, antes do remate do curso, repartirase unha serie enquisas en todos os centros de secundaria e bacharelato de Verín para avaliar as demandas da mocidade, coa función de proxectar as accións que máis lle interesen. Dous técnicos do Concello e o tenente de alcalde e concelleiro da área de Mocidade, Diego Lourenzo, acuden ao longo de esta semana aos centros verineses para entregar devanditas enquisas os estudantes e explicarlle de primeira man as iniciativas.
No ámbito destas iniciativas, e coa función de dinamizar á xuventude, na época estival terán lugar os obradoiros de ritmo. Os participantes nesta xornadas relacionaranse co mundo da percusión a través da fabricación, manexo e interpretación de instrumentos, coñecendo os elementos básicos da linguaxe rítmica, co estreo destes grupos na Batucada de finais de xullo.
Esta iniciativa terá lugar durante os luns e mércores no espazo da antiga Lonxa Agropecuaria dando comezo o mércores 29 de xuño. Haberá distintos horarios e grupos, previa inscrición na Casa da Xuventude, teléfono 988414776 ou no enderezo electrónico verinmocidade@gmail.com.