Outras novas destacadas son a entrevista ao novo xerente do Consello Municipal de Deportes, Mario González e os distintos deportes acuáticos que se dan cita nestas datas.
O Trofeo Escudero e o Campionato de Galicia de natación reuniron a máis de 400 deportistas cada un dos eventos na piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal dos Remedios. Pero tamén en Ourense se celebraron as copa Deputación de sincronizada e de salvamento acuático.
En fútbol sala o máis destacado -amén do Trofeo BD- é que Ana Rivera e Vanessa Sotelo poñen rumbo cara o Alcorcón. En fútbol, o Arenteiro alzouse por segundo ano consecutivo coa Copa Deputación.
As carreiras populares destas datas tamén teñen o seu protagonismo nas liñas deste periódico.
Artes marciais, ximnasia, motor, e moito máis, no número 142 do Barrios Deportivo.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha