Ourense contará desde os próximos días cunha ambulancia mais de soporte vital básico, que entrará en servizo no mes de xullo, grazas a unha iniciativa do Servizo Galego de Saúde, de mellora e reforzo do transporte sanitario urxente de Galicia, á que destinará 2,8 millóns de euros para o período 2016-2019.
Esta medida permitirá ampliar o número de vehículos e incrementar o horario de prestación do servizo. En concreto, na nosa cidade, haberá unha ambulancia asistencial de soporte vital básico de 12 horas máis.
As melloras permitirán o incremento da cobertura asistencial do transporte sanitario urxente terrestre, na totalidade do territorio galego, con menores tempos de resposta ante unha emerxencia sanitaria e aumento do índice de ocupación dos recursos, garantindo as condicións de acceso a este servizo cun criterio de igualdade, accesibilidade e equidade de toda a poboación de Galicia, incrementándose o tempo de presenza activa.