O grupo de goberno verinés abre ao público a próxima semana a terceira das “Zonas de Aparcamento Libre Provisional” das oito previstas para descolapsar o estacionamento das rúas de Verín, concretamente situada entre as rúas Rosalía de Castro (en fronte ao supermercado Mercadona) e a rúa Elvira Carreira, que dotará á vila de 250 novas prazas de estacionamento.
Estas zonas alternativas e disuasorias están pensadas para alixeirar a presión do tránsito viario no centro de Verín, así como para facilitar o acceso dos cidadáns ós servizos públicos e ó comercio local.
Según sinalou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, “estes aparcadoiros están deseñadas para que, cando esten todos operativas, a vila conte con máis dun milleiro de novas prazas de aparcadoiro libres, gratuítas e céntricas”.
Pola súa parte, Diego lourenzo, tenente de alcalde verinés, quixo destacar que “estes espazos non son parkings, e non conlevan o aproveitamento comercial nin ningún prezo público polo seu uso, senón que son froito da negociación do Concello con veciños que os ceden en beneficio de todos. Polo tanto, o seu mantemento e uso adecuados tamén son responsabilidade de todos.”
Esta medida, proxectada como un dos principais eixos de modernización do segundo núcleo urbano da provincia de Ourense, é sinalada polo grupo de goberno como un dos vectores de transformación da vila, porque permitirá retirar parte do tráfico rodado das rúas verinesas, sen por iso impedir o acercamento de veciños e visitantes ó noso núcleo, antes ben, facilitándoo con comodidade.