No estadio do Couto presentouse a xogador ourensán Aitor Martínez. Central ou mediocentro defensivo poden ser as súas demarcacións no terreo de xogo. O xogador xogou, entre outros, no Calasancio, Pabellón, Lemos, Barbadás B e esta pasada campaña no Nogueira (ata decembro) e despois no Arenteiro.
O xogador mostrabase feliz por recalar nas filas unionistas e está convencido de que o club ten que estar noutras categorías superiores. Asume o reto que se lle marca ao equipo que é o do ascenso. Martínez asegurou que nunca estivera nun equipo que tivera «o ascenso» como obxectivo «tan claro».
Pretemprada
O 2 de agosto rodará a Unión Deportiva Ourense 2016-2017. Un mes de pretempada no que haberá seguros catro partidos amigables: o día 7 en Maceda; o 14 na Peroxa; o 21 en Seixalbo e estase pendente de si se pode utilizar o día 28 como data para outro amigable. Están pendentes de confirmación de se ese día xógase a Copa ou non e se están exentos desa primeira eliminatoria.
Instalacións
A directiva do club reuniuse coa oposición do Concello de Ourense para abordar o tema das instalacións para poder adestrar. Segundo o presidente da entidade, Modesto García: «houbo boas palabras pero hai que esperar a ver se hai feitos»; en caso de que o Consello Municipal de Deportes non colme as necesidades do club insiste en que irán á xustiza. García dí que piden «un trato xusto para nós» e por iso presentarán un recurso de modificación de criterios.