Oito carrozas compuxeron a Batalla de Flores das Festas de Ourense na súa edición de 2016. Despois de dous anos de ausencia, a Concellería de Cultura decidiu recuperar este tradicional evento, unha actividade que recordan moitos ourensáns dende que eran cativos.
Ás sete da tarde deste sábado partía a comitiva da rúa Mestre Vide, pasando por avenida Otero Pedrayo, curros Enríquez Xoán XXIII e Progreso, rematando á altura da Alameda. Foron moitos os ourensáns -sobre todo na zona do parque de San Lázaro- que non quixeron perderse este desfile de música, confetti e caramelos. A animación do desfile contou coa presenza dos Xigantes e Cabezudos do Concello de Ourense e de varias charangas.
Máis actos do sábado
O programa festivo para o que resta de sábado inclúe un concerto de blues ás 21 horas na praza do Ferro, a actuación de Priscila e Coque Malla a partir das 22:30 horas na praza Maior, o XIX Ourense Dance ás 23 h no Xardín do Posío, mesma ubicación que a Festaza Megastar a partir da 1 da madrugada. A medianoite haberá sesión de fogos artificiais na marxe dereita do Miño e ás 00:30 horas verbena coa orquestra Costa Norte en Progreso. A actuación da orquestra requerirá cortar ao tráfico desde as 23 h. na zona da Alameda. Haberá desvíos sinalizados.
Xornada do domingo
Na xornada de remate das Festas de Ourense, a programación prevé dous concertos para nenos e adolescentes: The Furious Monkey House ás 21:30 horas na praza Maior e A Gramola Gominola, ás 20 horas na praza de San Martiño.
A proposta musical do domingo, complétase coa actuación do grupo Le Pompé, de estilo gypsy jazz, no Xardín do Padre Feijóo, ás 20 horas. Nas mesma localización, terá lugar a
última das xornadas do «Río da Vida»: entre 11 e 13 horas e pola tarde de 18 a 20 horas, os pequenos poderán gozar de actividades de animación, obradoiros, contacontos e xogos populares.
O Bulevar Termal de As Burgas volverá acoller unha sesión vermú, a partir de mediodía, con animación infantil, espazo gastronómico e un concerto dun grupo local. O
A despedida das festas produciráse cun gran baile na rúa do Progreso, a cargo da Oca Band Orquestra. A música comezará ás 22 horas, pero o tramo onde se situará a festa (entre Parada Justel e a baixada á Praza de Abastos) estará cortado ao tráfico dende as 19,00 horas.