As xogadores recalan no equipo unionista despois de adetrar todo o ano pasado coas súas novas compañeiras.

Laura e Caetana, primeiros reforzos da UDO feminina

Laura Alonso e Caetana Vizcaya son as primeiras incorporacións da Unión Deportiva Ourense de cara á vindeira tempada. As dúas xogadoras estiveron adestrando durante toda a tempada coas que serán as súas novas compañeiras; aínda que elas xogaban noutros equipos. Alonso o facía no Alertanavia de Primeira Galega e Vizcaya xogaba co Pereiro -rival o ano pasado do club ourensán-.

As dúas chegan con gañas de sumar nun equipo que estrena categoría (Primeira Galega). Caetana Vizcaya (Caet) é unha central que pode facer as funcións de lateral, o mesmo que Laura Alonso «Lo» que pode facer tamén as funcións de lateral.

Máis fichaxes
A semana que vén o club presentará dúas novas caras para o novo proxecto e seguramente non quedarán hai as novas.

Obxectivo
Para o adestrado unionista, Rubén, o obxectivo deste ano é claro. «Quero o ascenso» aínda que recorda que non será sinxelo pola competitividade da categoría. «Haberá tres ou catro equipos que estarán arriba loitando polo ascenso». Cabe recordar que será só un equipo o que ascenda.