Esta próxima fin de semana Allariz acolle as súas tradicionais festas na honra de San Bieito. Do 8 ao 10 de xullo, gastronomía, teatro, música e diversos actos relixiosos serán os protagonistas.
As festas botan a andar o venres con dúas catas a cargo da D.O. Ribeiro (ás 11 e ás 18:30 horas na Casa da Cultura); xunto a unha carreira de obstáculos para cativos (ás 18:30), degustación de polbo (a partir das 20 horas na Barreira), concerto da Coral da Ruada (ás 20:30 na igrexa de San Bieito) e a representación teatral «O día do pai» (ás 23 horas na Casa da Cultura).
O sábado pola mañá os Xigantes e Cabezudos serán os protagonistas (cun desfile a partir das 12). Ás 20:30 horas será o turno da actuación da Banda Unión Musical de Allariz e ás 21:30 comezará a verbena coa Orquestra Charleston Big Band.
Xa o domingo haberá pasarrúas ás 10 e procesión do patrón da vila (seguida de misa solemene) ás 11:30. Así mesmo, haberá concerto da Banda Nova Unión Musical Virxe de Fatima (ás 13:30 e ás 20 horas na Alameda). E tamén pola tarde, teatro musical (ás 20 horas no Campo dos Brancos) e actuación da Orquestra Ledicia (ás 21 horas na Barreira). Porá fin aos festexos un espectáculo de pirotecnia ás 00.30 horas, no Campo de Vilanova.
Actos relixiosos
Así mesmo, completan o programa, a tradicional novena a San Bieito, do 2 ao 10 de xullo (cás 19:30 horas); misas o domingo 10 e luns 11 dende as 8 da mañá cada 45 minutos (con procesión e misa solemne ás 11:30 o domingo e ás 12 o luns).