Guadalajara acolleu o Campionato de España individual e de equipos de ximnasia no que os ximnastas ourensáns demostraron ao gran nivel no que están.
En canto ao Club Ximnasia Pavillón Ourense foron 24 os ximnastas que participaron. En categoría base trampolín, Ainhoa Crestelo, 10 anos, foi campioa en base 1; Mateo Rodrígue, 7 anos, terceiro en base 1; Laura Ogando, 11 anos, segunda en base 2; Rafael Ferreira, 14 anos, terceiro en base 3. Por equipos en trampolín Raquel Mayo, Laura Ogando, Mateo Rodríguez e Saul Rodríguez foron segundos.
En elite minitramp Marta Rodríguez, 10 anos, proclamouse campioa en elite 4. En dobre minitramp individual María Fujú García, 9 anos, campioa en elite 4; Arancha Bello, 10 anos, terceira en elite 4 eMaría Salas, 14 anos, terceira en elite 6.
En trampolín individual Hugo Rodríguez, 9 anos, terceiro en elite 4; Marta Rodríguez, 10 anos, primeira en elite 4; Arancha Bello, 10 anos, terceira en elite 4; Alejandra Braña, 11 anos, primeira en elite 5 e María Salas, 14 anos, segunda en elite 6.
En DMT equipos o sub 15 femimino composto por Noa Puente-Dodd, María Salas, Alejandra Braña e Marta Rodríguez foi primeiro.
En trampolín sincronizado Alejandra Braña e Rocío salas, ambas de 11 anos remataron segundas en categoría sub 15 e Diego Feijoo e Eduardo Novelle, 17 e 18 anos, terceiros en categoría absoluta.
En total foron 18 medallas (sete ouros, catro pratas e sete bronces).
Burgas
O Burgas participaba nesta cira con 14 ximnastas, ademais de Alex Cid Masid, Daniel Pérez e Yael campelo tamén ourensáns de alto nivel deportivo outorgado polo consello superior de deportes.
Alex Cid proclamouse por quinta vez consecutuva campión de España en dobre minitramp e subcampión en trampolín (modalidade olímpica) en categoría júnior. Daniel Pérez foi segundo en DMT e en tumbling. E Yael Campelo acadou co equipo de Pontevedra o campionato absoluto en dobre minitramp.
Base
En canto aos máis novos, estes foron quen de conseguir dous ouros da man da infantil elite Sofía Filgueira en dobre minitramp e tumbling, ademais de ser finalista en trampolín, logrando o segundo posto por equipos de tumbling, con Inés Vidal e Sonia Brea.
Diego López, alevín de nove anos logrou o terceiro posto en dobre minitramp elite, así como o terceiro en tumbling base, estando en todas as finais da competición. A alevín Alicia Cid era subcampioa en tumbling. Jorge Conde, en infantil de elite, facíase co terceiro posto na modalidade olímpica de trampolin e o cuarto de equipos sub15 xunto a Pablo Feijoo e Diego López.
Iria do Nascimiento lograba un terceiro posto en base 3 de trampolín ademais de dar ao equipo a terceira posición nacional en trampolín xunto con Iris Blanco quen acadaba o cuarto lugar en dobre minitramp en base 2. Lourdes Pérez clasificouse para tres finais e Antón Rey foi décimo en trampolín.