A Unión Deportiva Ourense organiza o seu primeiro concurso de fotografía co lema «Verán ourensanista».
Poderán participar todo aqueles afeccionados e simpatizantes da UDO (os menores de 18 anos participarán baixo autorización dos pais). O obxectivo é dinamizar e fomentar o ourensanismo, por medio de fotografías que serealicen durante a tempada estival.
A data tope para recibir fotos remata o 1 de setembro.
Temática
A temática do concurso é o verán e as vacacións. Trátase de realizar unha instantánea, nalgún lugar no que se pase o verán. A parte do entorno xeográfico, tamén terán o seu espazo, aquelas imaxes obtidas con personaxes de calquer ámbito con prestixio ou as realizadas en lugares emblemáticos.
Requisitos
Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías (individual e grupal), nas que apareza a identificación da UD Ourense por medio de bufandas, camisetas ou cualquer outro soporte cas súas cores e o seu escudo.
O estilo é libre pero no se poderán sinalar mensaxes, escritos ou referencias nas fotografías. Poderase descartar a que se considere non apropiada.
Envío
Enviaranse as fotografías, en formato dixital (preferiblemente jpg), ao correo concursosudourense@gmail.com sinalando os datos de contacto do autor ou autora.
Premios
Os premios serán un kit seareiro UDO (nova bufanda e camisola da tempada 16/17) para fotografía mais valorada nas redes; a mais lonxana dende o estadio do Couto e a elixida polo xurado da Directiva da UD Ourense.
En canto á fotografía grupal premiararase cun vale por unhas consumicións nun establecemento colaborador coa UDO (máximo 10 persoas).
Os premios entregaranse no primeiro partida da Liga que se dispute no Couto ou no establecemento que colabore co concurso.