Elvira Lama Fernández, portavoz do Grupo Municipal Socialista, vén de presentar un escrito no Concello de Xinzo solicitando o restablecemento urxente do servizo de teléfono na parada dos taxis da localidade.
Despois de ter coñecemento por parte do colectivo de que a liña leva tempo sen funcionar, engaden que están furiosos pola perda de clientes e por ende de ingresos, nun mes de xullo no que empezan a notarse os visitantes e os emigrantes que están fora e regresan a pasar as vacacións.
“Queremos trasladar que non se trata so do problema dos taxistas que están perdendo clientela, e polo tanto minguando os seus ingresos, tratase de un problema grave para os potenciais usuarios de tal servizo para vir ou regresar a cada punto do Concello e fora del, pois a imposibilidade de poñerse en contacto co servizo de taxis no telefono da parada fai, que moitos deles teñan que desprazarse a pé cargados dende calquera establecemento de Xinzo, para poder usar o servizo público de transporte”, din os socialistas.
“O servizo de taxis é indispensable, para trasladar a numerosas persoas que carecen de transporte regular en liña de autobús a numerosos pobos do concello, polo tanto estase a provocar una enorme desatención por parte do alcalde Antonio Pérez, respecto dos seus veciños”, asegura Lama.
Tamén solicitan dende o Grupo Socialista que o Concello de Xinzo obrigue a compañía subministradora a restablecer o servizo de inmediato, por afectar a un servizo de transporte público, que facilite copia das factura da compañía coa que se teña contratado o subministro dende o 1 de xullo de 2015 e que se certifique por parte da Intervención o importe que se adebeda ás distintas compañías de telefonía, de ser o caso.