Orquestras, charangas, bandas de música e de gaitas, María do Ceo e ata unha DJ’s & Rap Party é a oferta musical das Festas de Santa Mariña de Xinzo, previstas para os días 15, 16 e 17 e 18 de xullo.
Este martes presentábanse no Concello de Xinzo os festexos, organizados este ano directamente desde a Administración local. No programa inclúese un evento previo, o planetario didáctico de La Caixa que está instalado na Casa da Cultura do 12 ao 15 de xullo. Abre de 10 a 14 e de 17 a 21 horas e acceden un máximo de 20 persoas por sesión. A entrada é de balde.
O público infantil é o destinatario dos eventos programados na véspera do arranque das festas, o xoves 14: xogos con inchables na piscina exterior a partir das 16:30 horas, e a proxección de “Los Minions” ás 22 horas na praza Carlos Casares.
O venres 15, a festa comeza ás 20:30 horas na praza Carlos Casare scun espectáculo de baile a cargo da Academai Danzón, para posteriormente proxectar o filme “Vida” de Rubén Riós, na mesma localización. O público máis novo ten unha cita a medianoite coa DJ’s & Rap Party na praza de Oriente. Dj’s e rapeiros locais poden inscribirse para demostrar o seu talento nesta festa ata o xoves 14 (na Casa da Cultura).
O sábado 19, os actos festivos comezarán ás 19 horas co desfile polas rúas da vila das bandas que participan no II Festival de Gaitas “Vila de Xinzo”, que terá lugar ás 22:30 horas na praza Carlos Casares. Tocarán as bandas de gaitas de Xinzo (a principal, a B e a C), Nova Era de Verín, e a asturiana de Candás.
O mesmo sábado o público familiar pode asistir á obra “Cling!” do grupo teatral Trécola na praza Maior (ás 19:30 horas); e os aficcionados ás corais ao concerto da Coral Santa Mariña – acompañada da Agrupación Musical da Limia- na igrexa Nova ás 20:45 horas. Ademais, tres charangas irán rotando polas prazs e rúas dos viños para ambientar musicalmente a noite.
O domingo ás 13 horas está previsto a entrega de premios do concurso de narrativa curta “Carlos Casares 2016” na praza Maior, entrega que irá acompañada da actuación da banda de gaitas de Candás. Para a tarde (a partir das 19 horas) organizouse unha festa infantil-familiar na praza maior con Xan Curiel e a banda Son+de2.
A xornada dominical a cita é coas bandas que participan na segunda edición da Xuntanza de Bandas de Música: a “Maestro Lupi” de Benavente e a Agrupación Musical da Limia. Tras seren recibidas na casa consistorial ás 19.30 horas, desfilarán ata o adro da igrexa Vella, ontde actuarán a partir das 20 horas.
Pola noite chega o turno para as orquestras Palladium e Nebraska, que alternarán as súas sesións desde as 21 horas no parque do Toural e na rúa Arnoia.
O luns 18, festivo local en Xinzo, inclúe os actos relixiosos na honra da patroa, Santa Mariña, con procesión a mediodía desde a igrexa Vella e posterior misa solemne na igrexa Nova.
Os cativos volven ter festa infantil na piscina exterior de Xinzo, desde as 16.30 horas, así como o espectáculo infantil-familiar a cargo do grupo Aneis Teatro ás 19 horas na praza Maior.
María do Ceo dará un concerto ás 20 horas na praza Carlos Casares, no que estará acompañada da Agrupación Musical da Limia e da Coral Santa Mariña.
Finalmente, outras dúas orquestras – Pontevedra e Alianza- animarán a verbena nocturna desde ás 21 horas nos esnenarios do Parque do Toural e rúa Arnoia.
No apartado deportivo, todo o mes dispútase o torneo de tenis Santa Mariña e o torneo de fútbol 7 afeccionado e veterano. Ademais, o luns 18 terá lugar o II Torneo de chave “Manolo Santana” no campo do Toural, a partir das 18 horas.