O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou unha reunión de traballo foi coa concelleiros de O Carballiño, Marina Ortega e Diego Fernández, titulares das áreas de Servizos Sociais e de Educación respectivamente.
O responsable da carteira autonómica de Política Social e os concelleiros contemplaron as posibilidades de cooperación futura en aspectos como a atención á dependencia. Ao respecto, Rey Varela anunciou un incremento de preto de 4.000 horas anuais (ata acadar as 28.668 horas ao ano) no Servizo de Atención no Fogar (SAF), coa finalidade de chegar á totalidade de persoas que precisan deste servizo e cubrir o 100% da demanda.
No encontro, o titular autonómico trasladou aos representantes municipais a inversión de máis de 400.000 euros que Xunta de Galicia realizará no Carballiño grazas ao cumprimento por parte da Comunidade Autónoma do obxectivo do déficit. En concreto, 271.000 euros irán destinados ás obras de mellora na Residencia de Tempo Libre; 18.000 euros consignaranse ás obras de mellora na Residencia para Maiores con Autonomía; e outros 6.500 euros irán destinados á mellora da Escola Infantil. Nesta liña, Rey Varela lembrou a importancia do convenio de uso da Residencia de Tempo Libre no que se atopan traballando Xunta e Concello para potenciar o uso das instalacións desta infraestrutura social.