A “Subida a Cortegada” volve ao calendario do automobilismo galego, os días 6 e 7 de agosto, tras cinco anos de parón.
A Subida de Cortegada celebrárase durante 10 anos para, despois do parón de cinco anos, volver con máis forza. Máis de 50 pilotos daranse cita nesta proba que quere asentarse novamente no panorama do automobilismo rexional.
As inscricións para participar estarán abertas ata o día 4 de agosto. A piloto Ángela Vilariño foi a primeira en anotarse.
Exhibición
Previamente á “Subida”, o venres, 5 de agosto, a partir das 18.00 horas, terá lugar “unha exhibición por parte da Escola de Jorge Lorenzo de Vigo”, adiantou a presidenta da Escudaría CDB.