A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, visitou o edificio que acolle o xulgado de Trives e analizou os traballos de mellora que se van a executar para mellorar as condicións laborais dos traballadores e o medio ambiente.
As actuacións acomoteranse ao longo do segundo semestre deste ano e están enmarcadas dentro do novo Plan de Eficiencia Enerxética e Obras Menores dos edificios xudiciais.
Díaz Mouteira explicou aos responsables e persoal do xulgado Trivés que as obras consistirán na substitución das fiestras e na mellora do sistema de climatización das salas de vistas e dos despachos. O orzamento será de 36.000 euros.
Plan
Este proxecto enmárcase no novo Plan de Eficiencia Enerxética e Obras Menores dos edificios xudiciais. Este plan durará tres anos e prevé 14 actuacións na provincia ourensá e ten como obxectivo completar a mellora das condicións dos xulgados galegos.