A festa comeza o venres ás 11:00 horas co “Desfile da Ludoteca Especial Batucada” que fará un percorrido circular desde o CEIP Amaro Refojo por Laureano Peláez, Praza do Concello, Praza da Mercé, Rúa dá Cruz e Praza García Barbón, para terminar coa tradicional “Festa Infantil da Ludoteca”, ás 12:00 horas, no CEIP Amaro Refojo coa animación de Disco Mobil Space.
Pola tarde, de 16:30 a 19:30 horas, os máis pequenos gozarán cunha gran festa inchables de terra e auga coa “Festa na Playita” para todos na praia fluvial de Verín coa animación musical a cargo de Saudeter.
Novidades
A gran novidade deste ano é a «Batukaña 2016” programada para a noite do venres (23:30 – 2:30 horas). Estará composta por tres concertos de Rock. Os locais Pneura (death crust experimental en galego); 2sisters, co seu Groove Metal encamiñado a sons surxidos nos anos 90 levados á actualidade con ritmos contundentes e Cabo da Vila, grupo de rock que farán gozar ao público máis clásico. Antes e despois dos concertos a música correrá de cargo de Enjoy Disco Móvil Jorge.
Desde o concello falaron cos hostaleiros para que instalen barras na rúa coa condición de que sirvan a bebida en vasos de plástico e que non haxa ningún problema coa roturo do vaso de cristal que se rompa.
Auga e escuma
Para o sábado 30, ás 16:00 horas, celebrarase na Praza García Barbón, coa animación a cargo de A Gramola e Enjoy. Disco Móbil Jorge, a gran “Festa da escuma e da auga”.
Ás 19:00 horas, comezará o “Desfile Pasa-Rúas da Batucada” que sairá da Praza Maior e continuará pola rúa da Cruz, Praza da Mercé, Avenida Luís Espada, Montemaior, Constitución, Avenida de Cabreiroá, Deputación e Irmáns Moreno. Este ano, o desfile contará coa presenza das batucadas Axóuxeres de Allariz e Bloquiño de Xérmolos de Guitiriz.
Xa por último, o grupo «La edad de Oro do Pop Español» formado principalmente polos artistas Alberto Comesaña, Pablo Perea, Joaquín Padilla e Chus Hernández, chegan o sábado pola noite a Verín para ofrecer o seu directo na Praza García Barbón. A festa terminará da man de A Gramola.
Camisetas
A Batucada ten tenda oficial. Estará situada na Praza García Barbón de 18:00 a 21:00 horas. As camisetas estarán a venda a un prezo de 10 euros. As fundas impermeables terá un custe de 3 euros.