Do 21 al 24 de xulio celebrouse na M-86 (Madrid) o Campionato de España alevín de natación. Por parte do Club Natación Pabellón Ourense acudiu a nadadora do ano 2004, Eva Feijoo.
A ourensá participou nun total de tres probas logrando as seguientes posicións:
Oitava en 100 libres, accedendo á final coa quinta mellor marca das preliminares; 16º posto en 100 costas, que supón a súa mellor marca persoal e décimo oitava en 200 costas, tamén con mellor marca persoal. Grandes resultados para unha nadadora que está crecendo.