Durante os días 5, 6, 7 e 8 de agosto o cinema de Verín acolle a proxección das películas “Alicia a través del espejo” e “Si Dios quiere” no Salón de Actos da Casa da Cultura. A primeira será proxectada ás 20 horas e a segunda ás 22:30. As entradas en taquilla estarán dispoñibles 30 minutos antes do inicio das sesións.
Igualmente, a colaboración entre o Concello de Verín e a Mancomunidade permitirá celebrar sesións de cine de verán ao aire libre e de balde en todos os concellos da zona.
As películas se se proxectarán serán “Jurasic World” (na alameda de Vilaza –Monterrei- o 9 de agosto; o 11 en Cualedro e o 16 en Vilardevós) e “Del revés” (o 10 de agosto en Laza, o 13 en Castelo do Val e o 17 en Verín).