Organizados pola Asociación Cultural Alonso de Paredes.

Roteiros teatrais nocturnos en Allariz.

A Asociación Cultural Alonso de Paredes (en colaboración co Concello de Allariz, Sendadixital, Petiscos e Petelo) proponlle aos veciños e visitantes de Allariz descubrir a historia da vila a través dunha serie de roteiros teatrais nocturnos.

Baixo o lema “Eiró no verán”, estas actividades terán lugar todos os xoves dende o  4 de agosto ao 8 de setembro, con divertidos personaxes que forman parte da historia de Allariz que achegarán aos participantes as anécdotas e os recunchos que fan que esta vila sexa un lugar tan especial.

Os roteiros serán gratuitos, terán lugar de 23:30 a 00:30 horas e serán diferentes cada xoves, para descubrir cada semana diferentes espazos cheos de historia.

 

 

O punto de encontro será no Alto do Portelo.