Baixo este lema, o Concello de Bande acollerá dúas probas deportivas, a IX Andaina e o II Trail, que se celebrarán o vindeiro domingo, 7 de agosto.

“Desafío Iter Querquennae”, o día 7 en Bande

O “Desafío Iter Querquennae” acollerá dúas probas deportivas o vindeiro domingo, 7 de agosto, no Concello de Bande, concretamente a IX edición da Andaina e a II edición do Trail.

A andaina conta cun percorrido de 19 quilómetros, mentres que o do trail será de 22 quilómetros, aínda que o traxecto de ambas competicións é moi similar. As diferenzas, ademais dos tres quilómetros de máis do trail, radica na dificultade dos cortalumes, aínda que non supón unha proba extremadamente dura.

Esta II edición do Trail presenta como novidade que os participantes poidan competir de maneira individual ou por equipos formados por catro persoas cunha muller como mínimo. Todos os integrantes deberán completar os 22 km. sumando o tempo de todos eles.  Asemade poderán competir por parellas, que lles permitirá non ter que facer o percorrido enteiro, senón que un deles realizará os 11 primeiros quilómetros, despois pasaríalle o testigo ao seu compañeiro, e este completaría os outros 11 quilómetros.

Inscrición
A saída da andaina será ás 9.00 horas e, a do trail, ás 10.00 horas. Os interesados en participar poderán inscribirse ata media hora antes da saída de cada proba, aínda que os participantes que compitan por equipos ou por parellas, deberán estar establecidos o vindeiro venres. As inscricións poderán realizarse na páxina web www.championchipnorte.com, ou a través do número de teléfono 650.959.784, cun custe de 7 euros a andaina e de 9 euros o trail, “ata o momento hai máis de 80 persoas anotadas para a andaina e 90 persoas no trail, aínda que agardan superar os 260 participantes do ano pasado.